A xente cansou e deixou de traballar o mar. Unha mañá VENADITA, a única mariscadora que aínda segue indo á seca, sentiu como o mar se botaba a ela, invadíndoa e transformándoa nunha especie de Muller Mariña, nunha SEREA, coas pernas pegadas. VENADITA visita o taller do seu veciño e amigo SIMBAD, un mariñeiro retirado que pasa os días no seu taller maquetando e pintando barcos, lendo e escribindo. Xuntos tratarán de que VENADITA volva ao seu e que a xente recupere a ilusión por volver ao mar. Cada persoa colle unha cana e aprenden a tocala convocando a todo o mundo e somérxendose buscando a gran BALEA BRANCA símbolo de que o mar ten moita vida .
A compañía “Os Quinquilláns” reflexiona nesta obra orixinal sobre o mundo do traballo no mar desde o punto de vista do realismo máxico. Trátase dun espectáculo donde Tero Rodriguez (Serea, mariscadora) e Lucho Penabade (Simbad) animan á participación do público a través da manipulación de obxectos e dunha excursión mergullándose tras unha gran balea branca inchable. Pódese adaptar tanto ao público adulto como ao infantil.